Actividades para nenos e nenas en Ponteareas para conmemorar o Día Mundial da Abella

 

Serán o mércores 18 de 17.30 a 19.00 horas na Biblioteca Municipal. É preciso facer inscrición previa

 

Actividades para nenos e nenas en Ponteareas para conmemorar o Día Mundial da AbellaPonteareas conmemora este 18 de maio o Día Mundial da Abella con actividades dinámicas para nenas e nenos de entre 5 e 10 anos. O vindeiro mércores a Biblioteca Municipal acollerá un obradoiro e contacontos relacionados con este insectos que xogan un papel tan importante no proceso de polinización e que son produtoras de mel e cera.

 

As actividades serán de 17.30 a 19.00 horas e contará con prazas limitadas, polo que é imprescindible inscribirse previamente. As persoas interesadas poderán anotarse na propia biblioteca, enviando un correo electrónico a bibliotecamuseo@ponteareas.gal ou chamando ao 986 660 765.

 

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, convida a todos os nenos e nenas a participar nestas actividades que “achegarán aos máis cativos e cativas da casa ás abellas, facendo que lle perdan en moitas ocasións o medo e inculcándolles a importancia de preservalas a elas e o seu hábitat”.