A OMIC recomenda precaución á hora de mercar o disfrace no Entroido

A  Concellería de Consumo do Concello de Ponteareas, a través da O.M.I.C. recomenda nas datas do entroido: precaución á hora de mercar o disfrace.

omic-entroido-1O primeiro a ter en conta é que, se o disfrace ou calquera dos seus compoñentes se están destinados a menores de 14 anos, son considerados  xoguetes, polo que  deberían amosar en castelán  esta información no seu etiquetado, ou envase,  e  cumprir as normas seguintes:

-Marcado CE.

-Nome, razón social,  marca e domicilio do fabricante o do responsable.

-Advertencias para evitar riscos, coma por exemplo: non indicado para menores de 36 meses e indicar o risco que conlevaría.

-A idade para o uso.

-Instrucións de uso, se fosen necesarias.

– Se son prendas de vestir, deben  cumprir o rexistro industrial, a composición do produto e as recomendacións de lavado e conservación.

-Non conter pezas pequenasomic-entroido-2

-Non ter puntas ou bordos cortantes.

-Estar fabricadas con materiais resistentes ao lume.

-Non conter substancias que poidan explotar ou materiais que supoñan un  perigo para a saúde.

– As máscaras deben dispor dunha  ventilación adecuada.

-A vestimenta no pode levar nin  cordóns,  nin cordeis  na zona da carapucha e colo.omic-entroido-3

– Os produtos cosméticos deben levar un control dermatolóxico adecuado  e  indicar os datos do responsable, caducidade, lote e compoñentes.

No caso de disfraces para adultos, tamén deben cumprir as normas sobre etiquetado do produto, a composición e a conservación

Recoméndase mercar disfraces  que conteñan no seu etiquetado as indicacións de  conservación, co fin de seguir as instrucións de lavado e mantemento correctas.

Para reclamar é necesario que  conserve o tícket ou factura de compra  e merque nun establecemento de confianza.  Garde os catálogos  comerciais e a publicidade do produto  na que se definan as súas características.

Pregunte ao comerciante  pola posibilidade de cambiar o produto.O establecemento non ten a obriga de cambiar o produto que esté en perfecto estado, salvo que así o anunciara.

Todos os comerciantes deben dispor de follas de reclamacións a disposición dos consumidores.

omic-entroido-4

Segundo a Oficina de Atención ao Consumidor, é unha garantía escoller unha empresa adherida ao sistema arbitral de consumo.

Non hai que esquecer que calquera produto novo que se adquira, ten dous anos de garantía.

Dende a concellería de Consumo lémbrase que é posible presentar unha reclamación na OMIC do Concello de Ponteareas, sita no segundo andar da rúa de Oriente, número 8