O Concello de Ponteareas informa da convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega ( Celga)

celga_grande_noticiaO Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Cultura e Lecer, Normalización Lingüística e Turismo, que dirixe Hortensia Bautista Fernández, quere informar da convocatoria da Secretaría Xeral de Política Lingüística das probas oficiais para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga).

O prazo para poder inscribirse nas probas para a obtención do certificado que acredite o coñecemento da lingua galega rematará o día 8 de febreiro de 2016 e a realización das probas terá lugar os días  2,3,9 e 10 de abril de 2016.

Todas aquelas persoas interesadas na realización destas probas poden dirixirse ao Servizo Municipal de Normalización Lingüística, situado no segundo andar da Casa do Concello, onde recibirán información, asesoramento, poderán recoller a solicitude e o impreso de taxas, ademais de recibir información sobre todos aqueles aspectos relacionados coa obtención dos certificados de lingua galega (Celga). Igualmente, poderán consultar todos os aspectos relacionados con esta convocatoria na páxina web do Concello de Ponteareas a través desta ligazón.