A ludoteca municipal abre as súas portas o martes día 1 e convídavos a participar nas súas actividades e obradoiros

A ludoteca municipal, dependente da concellería de Benestar Social que dirixe Verónica Carrera, informa que o vindeiro martes día 1 de outubro comeza a actividade abrindo as súas portas de 16 a 20 horas de luns a venres.

A ludoteca municipal arranca o curso con dous grupos, un de 6 a 8 anos e outro de 9 a 12 anos. As familias interesadas poderán inscribirse e obter información no número de teléfono 673 794 760.

Verónica Carrera anima a todas as familias a participar nas actividades lúdico didácticas deste servizo que contribúe a facilitar a concialiación familiar e laboral.

Xogos cooperativos, manualidades, recuperación vivencial de tradicións, obradoiros de ecoloxía, saídas medioambientais ou obradoiros específicos como o de fabricación de candeas, coiro, bixutería e defensa persoal son algunhas das propostas entre moitas das propostas coas que medrar aprendendo da man da ludoteca municipal que ofrece a ludoteca municipal para espertar a curiosidade e adquirir bos hábitos de vida.