Fin de semana de festas en Ponteareas!!! Orquestras, xogos tradicionais, animación e lanzamento de globos de San Miguel

Ponteareas celebra as festas de San Miguel con actividades para toda a familia. Esta tarde, ás 19 horas, na praza Maior a Holi Party FM con pos de cores e música de disc jockey.

Mañá sábado ás 12:30 horas os xigantes e cabezudos percorren o centro urbano saíndo dende a casa do concello. Ás 18 horas xornada de xogos tradicionais na praza Maior e a partir das 21 horas na praza Bugallal actuación da orquestra Salsarena e a partir das 22:30 horas actuaciónd a orquestra Costa Oeste.

O domingo diante da casa do concello ás 11 horas actuará a Banda de Música Unión de Guláns e ás 13:30 horas surcarán o ceo os globos de San Miguel. Ás 19 horas concerto de Casiana Torres e encontro co folclore arxentino na sala multiúsos do auditorio municipal. Ás 21 horas orquestra Suavecito na praza Bugallal e ás 22:30 horas orquestra Cinema na praza Maior. 

O luns será o día dos nenos e das nenas con animación infantil nas rúas do centro urbano a partir das 18 horas con Benito e Rufina. Ás 20:30 horas os Festicultores Troupe porán ritmo ao centro urbano para dar paso á orquestra La Fórmula encargada de pechar as festas de setembro ás 22:30 na praza Maior.