A Holi Party enche de cores a Praza Maior de Ponteareas!!!

A praza Maior encherase de pos de cores e música coa actividade organizada pola concellería de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, para este venres día 27.

A Holi Party visita por vez primeira esta céntrica praza cos mellores djs, artistas e animadores de Galicia que farán un espectáculo de máis tres horas de duración para todos os públicos.

O pasaporte ao arco da vella chega este venres ás 19:00 horas para tinguir de po de cor a todos os que bailen ao ritmo dos djs. Tan só fai falla asistir vestido de branco e atreverse a deixarse levar baixo unha chuvia de cor.

50 kgs de poeira de cores 100% biodegradables e 15.000 vatios de son, pantallas led, animación e actividades para tódolos públicos totalmente de balde arredor dun escenario móbil de catorce metros de alto.

Miguel Bouzó convida a todas as familias a participar neste animado encontro que xa leva percorrido diferentes concellos de Galicia acadando un alto éxito de participación e de diversión.