Ponteareas descobre unha pegada máis do paso dos romanos pola nosa terra

Ninguén o dubidaba porque os restos arqueolóxicos así o demostraban pero novos achados veñen ratificar que os romanos deixaron unha forte pegada en Ponteareas.

O museo municipal de Ponteareas ven de recibir a doazón de diferentes restos arqueolóxicos atopados nas inmediacións do Castro da Croa, en Ribadetea. Uns afeccionados á arqueoloxía atopa de xeito accidental estes restos logo de que alguén rozara nunha pequena zona do castro.

Varios restos de tégulas romanas, un elemento lítico, probablemente un machacador e un resto dun dolium pasan a formar parte da historia de Ponteareas. Todas estas pezas foron cotexadas polo arqueólogo da Deputación, Rafael Rodríguez.

Estes tesouros poderán ser admirados no noso museo municipal no que tamén podemos atopar restos que evidencian a convivencias das culturas romanas e castrexas. A influenza dos romanos na vida dos castrexos e castrexas plásmase nos elementos que amosan as vitrinas do museo. Un togado da época galaico-romana, numerosas moedas aparecidas que os castrexos empregaban herdadas da cultura romana, vidros e un dolium que transportaba viño e aceite ou a utilización de tégulas son algúns exemplos da influencia romanas no mundo castrexo e que se pode observar no Museo Municipal de Ponteareas

O concelleiro Fernando Groba agradece que os restos atopados foran entregados ao museo municipal para que toda a cidadanía os poida desfrutar e felicita a estes afeccionados á arqueoloxía por este acto de responsabilidade e por contribuír á protección do novo patrimonio histórico.

O Museo Municipal de Ponteareas está realizando unha profunda reforma e abrirá de novo ás súas portas para que todos/as poidan gozar e coñecer os elementos mais importantes de Ponteareas, dende a Prehistoria ata a época Contemporánea.

.