A contacontos Bea Campos estará mañá na biblioteca. Aforo limitado. Anótate e divírtete de xeito seguro

Dentro das actividades programadas no “Mes da biblioteca” a contacontos Bea Campos estará mañá ás 18 horas na biblioteca pública municipal para facer da tarde un mundo divertido cheo de creatividade co seu relato “Unha manchea de contos”.
Debido as restricións pola Covid o aforo é limitado e para participar debemos anotarnos no teléfono da biblioteca 986 660765 ou no enderezo bibliotecamuseo@ponteareas.gal