O vindeiro 15 de decembro remata o prazo para xustificar a primeira liña de axudas municipais COVID-19 destinadas a negocios locais

O Concello informa que o vindeiro 15 de decembro remata o prazo para a xustificación das axudas concedidas polo Concello de Ponteareas aos negocios, empresas e autónomos locais afectados pola declaración do primeiro estado de alarma publicadas no BOPPO nº. 83 de 4 de maio de2020.

Os negocios beneficiarios da primeira liña municipal de axudas para paliar os efectos económicos negativos da COVID-19 deberán achegar por rexistro de entrada toda a documentación requerida que se pode consultar no pdf que facilitamos debaixo.

O goberno de Ponteareas, e por unanimidade de toda a Corporación, vén de aprobar neste mes a segunda liña de apoio ao tecido empresarial, comercial e de emprendedores por valor de 230.000€ que se suman á primeira liña de contía similar e que agora debe ser xustificada.

CONSULTAR PDF XUSTIFICACIÓN COMUNICACIÓN DA XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN COVID 19