A contabilidade do concello desacredita a Belén Villar

O goberno de Ponteareas advírtelle á popular Belén Villar que as cifras das recadacións por multas de tráfico tamén son públicas e están recollidas no consello de Contas ao que calquera cidadán pode acceder para comprobar a falsedade das acusacións que verte contra o goberno de Ponteareas e contra a concelleira socialista de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández.

O Concelleiro de Facenda, Francisco Alonso, pregúntalle a Belén Villar por que se sorprende da cifra de 130.643€ do exercizo 2017 cando ela no ano 2014 rexistraba unha recadación neta de 159.726€ duplicando e incluso superando en 89.726€ a previsión que ela mesma facía de 70.000€.

Francisco Alonso afirma que non pensa entrar en descalificacións pero non vai tolerar que alguén que atopou unha recadación por multas de 116.606€ do ano 2011 e a coloca en 141.777€ ao seguinte ano, ano 2012, nada máis entrar de concelleira responsable, non pode falar de cifras nin escandalizarse.

O goberno local amosa as cifras que falan soas e convida a toda a cidadanía a reflexionar sobre a veracidade das palabras de Belén Villar que lonxe de facer unha oposición construtiva dedica o tempo a por atrancos e a difamar. 

O actual goberno de Ponteareas no primeiro ano rebaixou en preto de 30.000€ a recadación por multas de tráfico.

  RECADACIÓN NETA MULTAS TRÁFICO
ANO 2011 PP 116.606 €
ANO 2012 PP B.VILLAR 141.777 €
ANO 2013 PP B. VILLAR 158.792 €
ANO 2014 PP  B.VILLAR 159.726 €
ANO 2015 GOBERNO ACTUAL 128.574 €
ANO 2016 GOBERNO ACTUAL 122.688 €
ANO 2017 GOBERNO ACTUAL 130.643 €

O goberno explica que Belén Villar ingresou un 20% máis de media que o goberno actual en recadación de multas de tráfico. 

“A proposta de Belén Villar é cando menos vergonzosa e ilegal porque suxire que os policías multen máis para cobrar mais. Entón que habería que facer o resto dos departamentos. Que fixo cos máis de 320.000€ que ingresou por enriba do presupuestado? , explica o concelleiro

Vanesa Fernández e os seus compañeiros de goberno pregúntanlle a Belén Villar cantos esforzos fixo ela para incrementar o salario da Policía Local ou para mellorar as súas condicións laborais e se no 2014 se produxo algunha subida salarial.

Fernández engade que a Policía está traballando con maior planificación tendo en conta a seguridade viaria pero non co obxetivo de multar máis se non da seguridade cidadá e non para incrementar a recadación por multas. “O PP si que sancionaba con afán recadatorio para pagar os pufos da xestión da Sra. Villar na concellaría de Facenda”.

A concelleira de Seguridade Cidadá explica que a finalidade da concellería é achegar o traballo dos policías a cidadanía, “realizando campañas de sensibilización e de información en centros de saúde, colexios… iso é a proba dunha política aplicada e efectiva que redunda nunha atitude máis cívica e que supón que se produzan menos sancións, de proximidade ao servizo da cidadanía”.