A concellaría de Vías e Obras inviste máis de 60.000€ na mellora de viais en Fozara e Santiago de Oliveira

A concellaría de Vías, Obras e Iluminación que dirixe Chus Garrote executa unha importantes obras de mellora de camiños municipais que dan servizo á veciñanza de Outeiro de Castro, en Fozara, e de Santiago de Oliveira.

Esta nova actuación da concellaría de Vías e Obras conecta dous barrios de Fozara, Outeiro de Castro e A Lomba, que ata agora debían arrodear máis de tres kms para conectar distintas zonas do propio barrio. A empresa realizaron traballos de limpeza, apertura de cunetas, excavación en desmonte, muros, recheos e canalizacións de 1.526 metros para o seu posterior asfaltado, transformando un camiño estreito de terra nun vial de anchura suficiente para que accedan todo tipo de servizos.

 

Tamén, en Santiago de Oliveira actuouse nun total de 1.655 metros limpando as marxes, abrindo cunetas e cubrindo cunha nova capa de rodadura de asfalto compactado mellorando así o firme que xa estaba en malas condicións.

 

A concelleira socialista informa que nestas dúas actuacións se invisten un total de 61.359,67€ de fondos propios a través do Plan Concellos.

 

Estas obras, ao igual que moitas xa realizadas, dan reposta á demanda da veciñanza, “e son mostra de que cada veciño e veciña conta, dende esta concellaría prímase a demanda colectiva pero tamén a individual e esas obras de microcamiños que precisan aglomerado son custosas e cando se poden facer coa nosa brigada de asfaltado dáselle máis rápida solución e cando non é posible a execución ralentízase porque debemos agrupalas. Somos conscientes de que cos nosos medios non podemos dar resposta inmediata a todas e algunhas deben agardar máis ca outras pero tentamos paulatinamente facer realidade todas as demandas”.