Remata o obradoiro social de emprego “Coidar de Nós II”

A tenente de alcalde, Cristina Fdez. Davila, e a concelleira de Formación e Emprego, Vanesa Fernández, xunto  á delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, clausuraron o obradoiro de emprego “Coidar de Nós II” que deu unha oportunidade laboral a vinte persoas desempregadas, ofrecendo por vez primeira formación para o sector forestal.

O alumnado formouse e traballou tanto na rama de sociosanitaria como na de forestal.

Durante nove meses recibiron formación teórica e práctica para acadar un doble título. Por un un lado, as/os dez alumnos de sociosanitaria prepararonse para a atención de persoas dependentes en domicilio e tamén en institucións sociais. Por outro lado, o alumnado da rama forestal formouse para desenvolver actividades de auxiliares en conservación e mellora de montes e para realizar repobacións forestais e tratamentos silvícolas e mantemento de camiños forestais e traballos de peón forestal ou de explotacións forestais.

“A pandemia trouxo consigo unha crise social e económica mundial moi importante e dende a concellaría que dirixo faremos o máximo posible para paliar esta situación. Como concelleira socialista de formación e emprego é unha satifacción anunciar que se vai celebrar unha nova edición dos obradoiros que vimos realizando nos últimos anos. Animo a todas as persoas desempreadas a achegarse á oficina de desemprego e se inscriban nos obradoiros xa que estos teñen unha porcentraxe de inserción laboral moi alta, estamos a falar dunha inserción laboral de preto do 100%”, explicou Vanesa Fernández.

O alumnado deste segundo obradoiro “Coidar de nós II” deixou a súa pegada no concello de Ponteareas realizando as súas tarefas tanto na residencia de maiores Santa Ana como en moitos domicilios da nosa cidade mentres o alumnado da rama forestal actuou no parque forestal da Picaraña.

Cristina Fdez. Davila agradeceu a colaboración da Xunta e das comunidades de montes en man común e destacou a importancia de acoller un obradoiro da rama forestal dada a importancia que ten este sector que sostén un volume de negocio de máis de 2.200 millóns de euros cunha cifra de facturación en exportación de máis de 800 millóns de euros.

O goberno do BNG-PSOE posibilitou que nestes últimos cinco anos se ofreceran de xeito continuado e estable obradoiros de emprego que deron unha oportunidade laboral a 120 alumnas e alumnos e 40 técnicas/os encargados de ofrecer a formación, todos eles e elas desempregadas.

Dende o goberno local consideran imprescindible apostar por sectores punteiros que actualmente demanden traballadores como é o sector forestal que se atopa en crecemento e o sector sociosanitario no que se acadou o 100% da inserción laboral nos últimos dous anos.