A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas organiza actividades lúdicas co motivo da Semana Santa

Cartel actividades semana santaA Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas organiza actividades lúdicas co motivo da Semana Santa, para a conciliación familiar.
As actividades realizaranse o luns 30 e martes 31 de marzo e o 1 de abril dende ás 11 ata ás 14 horas.
O obxectivo desta celebración é fomentar a lectura a toda a cidadanía para que se acheguen á biblioteca e a coñezan, ademais de divertirse no seu tempo de lecer.
A animación á lectura é unha das prioridades da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas, así como ás actividades de extensión da biblioteca, de captación, de formación e en definitiva todo o que sexa abrirse ó público en xeral.