A Subdirección Xeral de Bibliotecas da Xunta de Galicia felicita ao persoal da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas polos logros acadados de GaliciaLe

concelloDende a Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas queremos salientar que dende o Servizo da Rede de Bibliotecas de Galicia, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, comunicaronnos que queren agradecer o traballo do persoal da Biblioteca Pública Municipal e felicitannos polos logros acadados, e pola nosa colaboración na tarefa de extender a lectura dixital á igual que Andrés Sampedro Fernández, concelleiro de Cultura, tamén se suma a mesma felicitación. Asemesmo nos informan que polo noso esforzo, Galicia, ocupa o quinto posto entre as 14 Comunidades Autónomas dende que iniciaron o servizo de préstamo do libro electrónico en 2014. Dende a data de lanzamento da plataforma GaliciaLe ata o 31/12/2014, o número total de préstamos chegou aos 3346. Polo que se considera un paso moi importante para os nosos lectores, que grazas a esta plataforma están máis preto da lectura.