Organizado pola concellería de Normalización Lingüística e pola concellería de Ensino en colaboración coa Mesa Pola Normalización Lingüística, a ASPG e a CIG ensino, o Correlinguas chega a Ponteareas mañá xoves día 23 ao parque da Feira Vella para que máis de mil seiscentos alumnos e alumnas de doce centros educativos (Ponteareas, Tui, Salvaterra e O Porriño) desfruten de actividades de lecer nas que emponderar a lingua galega.
Ce Orquestra Pantasma percorrerá co alumnado as rúas do centro urbano e actuará tamén no parque da Feira Vella a partir das once da mañá.