Cincuenta familias viven a experiencia do intercambio escolar

Cincuenta familias francesas e ponteareás vivirán nestes días a experiencia do intercambio escolar que lles permitirá aprender idiomas e culturas irmandadas dende hai tres anos.

O alumnado de cuarto da ESO e de primeiro de bacharelato do CPR A Inmaculada e do IES Pedra da Auga recibíu hoxe aos seus correspondentes do Lycee Albert Sorel da cidade francesa de Honfleur.

Nestes sete días, o alumnado francés e ponteareán, coñecerá Ponteareas e os seus arredores, practicarán deportes de aventura e degustarán a gastronomía local, ademais de descubrir unha nova cultura e costumes.

A concelleira de Ensino, Cristina Fernández, e a concelleira de Cultura e Normalización Lingüística, Hortensia Bautista, déronlle a benvida na Casa do Concello e agasalláronlle rosquillas de Ponteareas ademais de ofrecerlles unha pequena introducción do patrimonio histórico e natural do que poderán gozar nestes días.