O xoves 24 de abril ás seis da tarde terá lugar na Axencia de Lectua de Xinzo a actividade titulada “Maxía Cómica” realizada pola Contacontos Leo Leiño.
É unha actuación pensada para todos os públicos, especialmente para os nenos a partir dos tres anos. Trátase dunha actividade divertida e sorprendente, relacionada coa lectura, unindo o argumento dos libros cos xogos.
Esta sesión de Contacontos está organizada polo programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia xunto co Concello de Ponteareas.
O concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, quere animar a todos os nenos e nenas de Xinzo a achegarse ata a Axencia de Lectura para gozar desta actividade pensada para promover a lecutra nesta semana adicada ao día do libro.