O Auditorio Reveriano Soutullo acollerá o concerto gratuíto “Toc Toc” este sábado en Ponteareas da man de ‘Fala Redes 2014’

Copia de Tic TocO concerto infantil-familiar “Toc Toc” chega este sábado a Ponteareas, da man do programa de fomento do galego FalaRedes, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, para as entidades pertencentes á rede, como é o Concello de Ponteareas.

Tras uns meses repletos de éxitos, no que preto de 4.000 persoas gozaron do espectáculo do coñecido artista Pablo Díaz, “Toc Toc” ofrecerá este sábado o seu concerto en Ponteareas, ás 12:00 horas, no Auditorio Reveriano Soutullo. O acceso é libre e de balde ata completar a capacidade da sala.

Destinado a nenos e nenas de 3 a 10 anos de idade e ás súas familias, nel a xente miúda da casa cántalle á alegría e á amizade, á vez que aprende valores como a paz ou o ecoloxismo, dun xeito lúdico e co galego como lingua.

“Tic Toc” rima con rock, pop, folk e tamén con soul, que neste espectáculo se mesturan coa tradición galega, convertendo o concerto nunha festa na que a cativada baila e canta no noso idioma. A música actúa así como fonte de transmisión do galego promovendo que os nenos sigan cantando as cancións tras finalizar a actividade.