O Concello de Ponteareas habilita unha zona de acampada co gallo do día da Picaraña no Albergue Xuvenil

O vindeiro día 1 de maio, a vila do Tea vivirá unha nova edición desta romaría popular, unha das celebracións que contan cunha maior participación de veciños e veciñas de todas as idades.

Dado que son moitos os mozos e mozas que, dende sempre, acampan xa dende a noite anterior á celebración da festa, a Oficina Municipal de Información Xuvenil ( OMIX ), do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Mocidade que xestiona Verónica Carrera,  quere lembrarlles que, segundo a lexislación vixente, a acampada libre esta prohibida.

Para poder acampar sen ningún tipo de impedimento, os interesados e interesadas, poderán facelo de xeito totalmente gratuíto, nos terreos do albergue xuvenil de A Picaraña, propiedade do Concello de Ponteareas. Para isto, só terán que se inscribir na oficina da OMIX, na Biblioteca Municipal de Ponteareas, na rúa A Perillana. Lembramos que a inscrición é totalmente de balde.