11 medallas no campionato de España para a Asociación Deportiva Wudang

A entidade ponteareá aportou 4 membros á selección galega de Wushu que participou no torneo estatal, acadando todos eles excelentes resultados

recepción-wushu-2Jacobo Moo, Paula Sotelino, Belén Arjones e Maikel Cuña. Son os nomes dos 4 membros da Asociación Deportiva Wudang de Ponteareas que fixeron parte do combinado galego de Wushu que vén de competir no Campionato de España de selección autonómicas. 3 ouros para Jacobo; 2 ouros para Paula, 1 ouro, 1 prata e 1 bronce para Belén; e 2 pratas e 1 bronce para Maikel.

En total 11 metais que levaron a imprenta de Ponteareas e que “sitúan a este club na elite estatal do seu deporte”, tal e como indicaron o edil de Deportes, Benito Márquez, e o propio alcalde, Xosé Represas, que quixeron facer unha recepción que servira como recoñecemento aos “formidables resultados acadados por todos eles”.

Os deportistas estiveron acompañados do seu adestrador neste club ponteareán, Luis Argüelles, que tamén exerce como seleccionador galego na modalidade de Taolu.

A Asociación Deportiva Wudang conta con máis de 80 membros e unha longa traxectoria de éxitos, pois durante “case 10 anos levamos nutrindo á selección galega de medallistas de maneira ininterrompida”, afirmou Luis Argüelles.