O 14 de marzo abre o prazo de inscrición na Escola Infantil para o vindeiro curso

Durará 1 mes e e poderán solicitar praza todos aqueles pais e nais e teñan fillos e fillas entre os 3 meses e os 3 anos de idade

escola-infantil-municipalA concellería de Benestar Social, xestionada por Verónica Carrera, vén de comunicar que o prazo para a presentación de solicitudes de praza na Escola Infantil Municipal para o curso 2016/2017 estará aberto dende o 14 de marzo até o 15 de abril, ámbolos dous días inclusive.

Todos os pais e nais que teñan fillos e fillas entre os 3 meses e os 3 anos de idade, é dicir, os nados a partir de xaneiro de 2014, poderán solicitar praza, sendo tamén posible inscribir a nenos e nenas con discapacidade física, psíquica ou sensorial.

Os impresos poderán ser recollidos no Edificio da Escola Infantil Municipal, situada na rúa Escritor Domínguez Benavides, número 1, ou cubertos en liña a través da web municipal (www.ponteareas.gal) nesta ligazón. Unha vez completados, os formularios deberán ser entregados no Rexistro do Concello de Ponteareas en horario de 09:00 a 13:00 horas, de luns a venres, achegando a documentación solicitada.

A Comisión de Baremación será a encargada de efectuar a selección, aplicando os criterios establecidos pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.