A deputación provincial apoia a asociación adapta

PRENSAA “Asociación de Discapacidados do Condado-Paradanta ADAPTA”, ven de recibir una nova axuda do departamento de acción social da Deputación Provincial.

A Asociación Adapta, ten a súa sede o centro municipal de discapacitados, “Aprodico”, do concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Servizos Sociais-Atención Primara, que dirixe Marisol Valado,

A concesión da axuda, por unha contía de 5.000 euros, foi entregada aos representates da citada asociación, pola Deputada Provincial Marta Iglesias, acompañada polo o alcalde Salvador González Solla e a concelleira Valado.

Esta axuda está destinada a obras de mellora da accesibilidade as instalacións e tanto  a deputada como o alcalde subliñaron o esforzo que dende a Deputación Provincial e  Concello de Ponteareas, se está a facer en pro dos discapacitados, destacando nesta caso os mais de 27.000 euros destinados a diferente proxectos e programas da asociación como: programa de integración social para persoas con discapacidade, adquisición aparatos fisioterapia, equipamientos de servizo de rehabilitación e fisioterapia ou as actuais obras de mellora de accesibilidade.

Pola súa banda a concelleira salientou que dende a concellería seguirase apoiando todas aquelas iniciativas e programas quen revirrtan nunha mellora das  condicións sociais, personais e materiais destes colectivos.