Encontro de escritores en Ponteareas, baixo o lema “A importancia de difundir o local” e emotiva lembranza de Xoán Xosé Pérez Labaca

medios1O pasado venres, día 30 de maio, levouse a cabo en Ponteareas un interesante e emotivo Encontro de escritores en lingua galega de temática ponteareá, baixo o lema “A importancia de de difundir o local”.

Na apertura deste encontro, o alcalde, Salvador González Solla, quixo facerlle  chegar á viúva e familia de Xoán Xosé Pérez Labaca o agradecemento público ao finado escritor polo labor de investigador, escritor e divulgador dos costumes, tradicións e cultura de Ponteareas e comarca que desenvolveu ao longo da súa vida. Así mesmo, agradeceulles aos escritores a súa participación, agardando que este encontro de escritores teña futuras edicións. De seguido, Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez, en nome de todos os escritores da mesa, lembrou a figura do finado Xoán Xosé Pérez Labaca e en recoñecemento do seu labor de difusión da cultura de Ponteareas e comarca, fíxoselle entrega a súa viúva e fillos dunha medalla e diploma en recoñecemento ao labor de difusión  da cultura, así como o libro póstumo titulado “Os nove tesouros do Condado e A Paradanta”, editado pola Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía.  A continuación, os poñentes Francisco Candeira Mosquera, Alfonso Pexegueiro González, Anxo Serafín Porto Ucha,  Estanislao Fernández de la Cigoña, Manrique Fernández Vázquez, Xoán Martínez Tamuxe e Andrés Sampedro Fernández pasaron a expoñer a súa perspectiva e visión sobre a importancia e necesidade de plasmar por escrito e difundir todas as investigacións e achegas que sobre a cultura local se poidan realizar para que sexan coñecidos por toda a sociedade