Ponteareas conta no CEIP “Fermín Bouza Brey” co Campus-Tea Nadal 2016

Os nenos e nenas do Campus celebran a chegada do 2017 baixo as badaladas do reloxo do Concello este mediodía.

 

O Campus-Tea que comenzou o pasado día 22 e que concluirá o vindeiro 5 de xaneiro, celebrará hoxe a chegada do novo ano, comendo as típicas uvas diante da Casa Consistorial acompañados do Alcalde e varios Concelleiros do Goberno.

“Neste Nadal volveuse a ofertar o Campus co obxectivo de dar apoio a aquelas familias que siguen traballando neste periodo de vacacións escolares, podendo así conciliar a vida laboral e familiar, tan necesaria na actualidade”, manifestou a concelleira de Ensino, Cristina Fernández quen engadiu que “o balance do campamento é moi positivo, todos os nenos e nenas de Ponteareas teñen a posibilidade de disfrutar das actividades e saídas lúdicas e didácticas ofertadas neste periodo”.

Para a vindeira semán hai organizado sesion de cine para o luns, obradoiro de cociña o martes, xogos e música na carpa da Praza Maior o mércores e festa de despedida o xoves.