Xornada técnica do proxecto Silvaplús en Ponteareas

silvaplusO mércores, na sala multiusos do auditorio municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas, tivo lugar a xornada técnica “Biomasa Forestal, Recurso Enerxético de Proximidade”, que contou coa asistencia de 120  persoas, ademáis de  técnicos, instaladores de caldeiras e comunidades de montes, tamén   representantes dos concellos do Condado e Baixo Miño, así como da Asociación Forestal de Galicia.

Esta nova xornada forma parte do proxecto Silvaplus denominado “Promoción do uso sostible de biomasa forestal para fins enerxéticos no norte de Portugal e sur de Galicia” do que Ponteareas forma parte, e enmárcase no Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 da Unión Europea.

O alcalde de Ponteareas, Salvador González acompañado pola concelleira de industria e desenvolvemento local Marisol Valado, fixo a presentación da xornada na que os poñentes abordaron as perspectivas de crecemento e os beneficios da biomasa forestal, tratando entre outros temas como: o papel dos montes veciñais, o desenvolvemento dos bio-combustibles forestais, ou as novas instalacións enerxéticas, así como unha valoración dos resultados das actuacións do proxecto Silvaplús en Galicia.

Solla destacou a importancia da xornada e do proxecto Silvaplús, porque “en Galicia temos montes con moitas especies forestais de gran rendemento enerxético e dada a característica de dispersión demográfica, os montes están preto da poboación, polo que son o recurso enerxético mais próximo e económico. O aproveitamento da

biomasa forestal local como recurso enerxético de proximidade, contribúe a paliar o risco de incendios mellorando a xestión dos espazos forestais con incrementos tanto no nivel de renda dos propietarios forestais como no de produción de enerxía renovable”.

Os expertos de Silvaplus desarrollaron modelos de silvicultura mixta madeira+biomasa e identificando as especies vexetais leñosas de interese con cultivos enerxéticos, definindo liñas de experimentación e protocolos de ensaio, que se se realizaron en montes de Galicia e Portugal.

A xornada rematou coa presentación do programa do uso da biomasa como combustible nos concellos de Pontevedra por parte da Deputación Provincial, poñendo de manifesto deste xeito, a aposta que por este recurso, se está a facer dende a institución provincial.