Ven ao polo teu calendario solidario!

A concellería de Saúde, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, convida a toda a cidadanía a amosar o seu lado máis solidario e participar na presentación do calendario da Asociación Cancro de Mama Pilar Domingo (ASCAM). Este sábado día 9 de novembro ás 12:30 horas no auditorio municipal Reveriano Soutullo agardámosvos a todos e a todas para apoidar un ano de saúde e sorrisos. 

O calendario de ASCAM foi realizado con debuxos dos usuarios e usuarias do centro municipal ASPRODICO.