‘Unha memoria dramática’ para debater sobre teatro e represión este venres 10 en Ponteareas

Será ás 20.00 horas na sala multiúsos do auditorio municipal e contará coa presentación do libro ‘Cartoturxia incompleta da represión’

Intervirán Julio Fernández, Raquel Castro e Manrique Fernández e Guillermo Sendín representará a peza breve ‘O panadeiro’

‘Unha memoria dramática’ para debater sobre teatro e represión este venres 10 en PonteareasPonteareas acolle este venres 10 de febreiro a xornada ‘Unha memoria dramática’, unha mesa redonda que organiza o Concello en colaboración con Dramaturga na sala multiúsos do auditorio municipal na que todas as persoas participantes poderán debater sobre a relación entre teatro e represión.

Durante o encontro presentarase o libro ‘Cartoturxia incompleta da represión’, unha colección de pezas teatrais breves escritas por algúns dos autores e autoras dramáticas contemporáneas máis interesantes do panorama galego. Moderado por Manrique Fernández, na mesa redonda participarán dous dos autores, Julio Fernández e Raquel Castro, que falarán deste volume que busca crear un mapa da represión franquista no que se trata de dar voz a tantas e tantas personaxes esquecidas da historia recente.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a participar nesta mesa redonda que represión e memoria histórica irán da man para devolverlle voz a algún dos e das súas protagonistas. A cita rematará coa representación da peza breve ‘O panadeiro’ por Guillerme Sendín.

A partir das 20.00 horas con entrada de balde e libre ata completar aforo.