Todo listo para abrir a inscrición do II Enduro das Rosquillas

A concellería de Deportes, que dirixe Nahir Covelo, adianta que o vindeiro día 8 o ADC Picaraña xunto con Biziebike organizan o II Enduro das Rosquillas no monte da Picaraña, unha das probas que forman parte do campionato de Enduro de BTT da copa da Galicia.

O evento contará coa participación duns 250 corredores e terá a sua saída dende o Pavillón Álvaro Pino o domingo as 08:30 horas finalizando no mesmo punto sobre as 14:15, onde se procederá coa cerimonia de entrega dos trofeos nas distintas categorías de participantes.

Os corredores ascenderán en 4 ocasións a cota da Picaraña, para proceder de forma individual a descender noutras tantas ocasións por circuítos específicos e trazados nas ladeiras da Picaraña, sendo este descenso cronometrado e o que marcará as posicións finais dos corredores.

A organización, coa que colabora o concello, quere agradecer aos patrocinadores e comunidades de montes de Arcos, Bugarín, Oliveira e Ponteareas o seu apoio.

Nos vindeiros días abrirase a inscrición que terá que ser relizada a través da páxina www.magmasports.es