Reunión informativa coas traídas de aguas e colectivos veciñais

O goberno de Ponteareas convoca unha reunión con todas as comunidades e traídas de augas así como coas asociacións de veciños para o vindeiro martes día 9 ás 20 horas na casa do Concello.

Con motivo da publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas para estes colectivos, o goberno de Ponteareas quere explicar aos beneficiarios a liña de subvención e a tramitación da mesma.

“No día de hoxe publicáronse as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2018 dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia, motivo polo que nos queremos reunir para ofrecer o noso asesoramento e axuda na tramitación”, explica o Alcalde, Xosé Represas.

O goberno de Ponteareas ponse á disposición dos beneficiarios para axudar na cumprimentación da solicitude así como na suá tramitación.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180105/AnuncioG0244-201217-0005_gl.pdf