Represas reclama a Fomento que cumpra os compromisos asumidos con Ponteareas

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, pide ao Ministerio de Fomento que comece dunha vez a cumprir os compromisos asumidos con Ponteareas ante a plataforma veciñal de Areas, Arnoso e Xinzo, o goberno municipal e os grupos da oposición para mellorar a seguridade viaria da N-120 que soporta o paso de 16,000 vehiculos diarios.

Represas lembra que xa pasaron mais de 18 meses destes compromisos urxentes do Ministerio e un ano dende a aprobación polo Pleno da colaboraciòn do Concello con esta obra asumindo o mantemento da nova instalación e as obras de mellora da iluminaciòn no tramo entre os p.k. 645,2 e 649,9 da N-120 en Ponteareas. 

“A obra foi licitada e o prazo de presentación das ofertas xa rematou hai 4 meses pero a obra sigue sen executarse a pesar de que as consideraban urxentes. Estamos en pleno inverno que é cando son máis necesarias e seguimos igual, os veciños demandan solucións e que non se siga perdendo o tempo”, afirmou o alcalde.

No 2016 a plataforma recorreu os últimos cinco quilómetros ata a Praza Bugallal dende o barrio da Bouzalonga en Xinzo como símbolo de protesta polo malestar xeral da veciñanza. A estas reivindicacións súmanse as protestas da comunidade escolar que demanda maior iluminación no tramo da nacional que chega aos institutos.

O alcalde de Ponteareas trasladou esta reclamaciòn a Angel del Río, responsable do Ministerio de Fomento en Galicia, requerindo tamén a presentación do proxecto de mellora de seguridade viaria neste mesmo tramo da N-120 xa que as obras de iluminación son só unha pequena parte do que é necesario realizar para garantir a seguridade de peóns e ciclistas neste tramo da estrada que conta cun tráfico intenso e unha alta siniestralidade. 

O goberno local de Ponteareas, conxuntamente cos colectivos veciñais das tres parroquias, aportou ao Ministerio de Fomento un informe técnico que xustificaba a viabilidade desta actuacións prioritarias entre as que se contemplan sendas peonís e a construción de “glorietas” en Xinzo, Areas e Arnoso nos enlaces cos viais municipais. 

Represas insiste na necesidade de realizar por urxencia o procedemento de contratación destas actuacións para non retrasar durante anos obras que poden axudar a salvar vidas.

Represas tamén critica que o Ministerio de Fomento non teña avanzado nada para a construción da circunvalación ou vial de conexión co enlace da A-52 en Moreira, reclamando tamén toda a información sobre esta obra vital para o futuro de Ponteareas, lamentando que transcurrira outro ano sen investir o importe presupostado “non sirve de nada anunciar que se recollen partidas económicas nos orzamentos do Estado para esta obra si logo non se executa, agardo que se incorpore neste ano o importe que non foi gastado en 2017”.

En 2016, o Ministerio de Fomento e a Xunta anunciaran que destinaban 540.000 euros para a Circunvalación, importe que se perdeu sen que nin Xunta nin Fomento avanzaran nada na redación e tramitación do proxecto.