Ponteareas triunfa no Campionato de España Infantil e Precadete de taekwondo

Ponteareas triunfa no Campionato de España Infantil e Precadete de taekwondo

O equipo da escola Leam regresou a casa con oito medallas: dous ouros, catro pratas e dous bronces

Grandes resultados para o taekwondo ponteareán. O equipo da escola  Leam de Ponteareas regresou do Campionato de España cun total de nove medallas, unha de prata conseguida na categoría infantil e dous ouros, catro pratas e dous bronces na categoría precadete, “o que demostra o gran momento que está a vivir este deporte na nosa vila”, destaca o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó.

O equipo ponteareán regresou do campionato con dous novos campións de España, Ana Segovia e Iago Pérez, así como con catro subcampións, Estela Pereira en infantil e Olga González, Ángela Campos e Pedro Dasilva no campionato precadete. Subiron tamén ao podio Noa Xi Moliner e Icía Sosa, que acadaron medalla de bronce. Gran actuación tamén a de Efrén no campionato infantil, e do ponteareán Bruno Docampo, que non tiraron a toalla en ningún momento.

Estes bos resultados repetíronse tamén no Open Internacional Cidade de Pontevedra, no que Uxía Sánchez facíase co bronce na categoría júnior e Noa Rodríguez na cadete. Gran primeira ronda para Ilai Loren, que non puido continuar a competición tras perder na segunda contra o actual subcampión de España. Pola súa banda, Mario Faro tivo que retirarse por un contratempo tras chegar de quedar campión no Open Internacional de Ribeira e de ser escollido o mellor competidor do torneo na categoría cadete.

Bouzó quixo felicitar a todas e todos os deportistas participantes nestes campionatos e aos seus formadores polos logros acadados, pero tamén “polo seu esforzo e traballo e polo alto nivel que amosan en cada competición, que fai que esta modalidade deportiva suscite cada vez máis interese en Ponteareas”.

Ponteareas triunfa no Campionato de España Infantil e Precadete de taekwondo