Ponteareas tínguese de rosa para a Marcha solidaria contra o Cancro de Mama

 

 

 

 

A tenente de alcalde e concelleira de Saúde, Cristina Fernández, convida a toda a cidadanía a participar na cuarta marcha solidaria PonteRosa con motivo do Día Mundial contra o cancro de mama.

Coorganizada coa asociación Cancro de Mama Pilar Domingo terá lugar este sábado día 19 ás 17 horas.

A saída será dende a Praza Maior e chegará ata a Freixa donde desfrutarán dunha clase de zumba para regresar de novo á praza Maior e bailar todos xuntos xa que haberá baile infantil se a climatoloxía o permite.

O comunicador ponteareán Terio Carrera apoiará este evento facendo a presentación no momento da saída na Praza Maior.

A asociación Cancro de Mama Pilar Domingo convida a participar vestindo unha prenda de cor rosa.

Todos e todas as que queiran apoiar a causa poderán deixar un donativo no posto da Praza Maior.

A organización amplía un día máis a inscrición para asistir á cea solidaria deste venres 18 ás 21:30 na que nos podemos inscribir achegándonos á pizzería O Castelo do Paseo Matutino.