Ponteareas lidera unha xuntanza dos Concellos para que a Xunta asuma os Conservatorios de Música

O alcalde Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Ensino, Cristina Fernández, presidiron no día de onte a reunión celebrada en Santiago na sede da Federación de Municipios, na que se tratou a financiamento dos Conservatorios Profesionais de Música Municipais

A raíz dunha proposta levada ao Pleno celebrado o 18 de outubro de 2016 onde se acordaba Instar a Xunta de Galicia a asumir a xestión do Conservatorio Municipal de Ponteareas e achegar o financiamento necesario en tanto non se producía o traspaso, así como trasladar esta proposta á Fegamp, Deputación Provincial e ao resto dos Concellos galegos na mesma situación.

“A xuntanza foi moi positiva” manifestou Cristina Fernández, “todos os Concellos acordamos trasladar a Xunta de Galicia a demanda de asunción das súas competencias plenas nos conservatorios, para rematar coa discriminación actual, para o alumnado e os concellos e garantir o futuro dos Conservatorios e a súa viabilidade económica “

O Conservatorio Municipal de Ponteareas, é un centro de referencia na Comarca e norte de Portugal, cunha gran influenza na vida cultural e musical da vila e a súa contorna e que proporciona á sociedade un número importante de grandes profesionais. “É importante para a Comunidade Educativa, que o alumnado teña os mesmos dereitos e recursos que o resto dos Conservatorios xestionados pola Xunta, sendo un obxectivo prioritario para todos os Concellos que as taxas que abonan as persoas matriculadas cada curso sexan iguais para todos, sen importar a localidade onde residan, eliminando así o agravio comparativo que existe na actualidade”, puxo de manifesto o alcalde na citada reunión.