Ponteareas inicia as obras de acondicionamento dos locais do Centro Cultural de Ribadetea

ribadeteaQ55A1594O Concello de Ponteareas inicou as obras de acondicionamento de varios locais do Centro Cultural de Ribadetea, unhas actuacións para as que se investirán preto de 70.000 euros. Actualmente só se está a utilizar unha das prantas do edificio, polo que se fai preciso acondicionar as outras zonas.

Ditas actuacións contemplan a modificación dalgúns taquiques de ladrillo cerámico para a creación de espazos de maior tamaño, respectando os usos que xa teñen na actualidade: recepción, biblioteca, cafetería e sala de xuntas.

Os traballos tamén levarán a cabo a execución de instalalacións de fontanería e saneamento, tanto na cociña como na barra da cafetería, ademais da instalación eléctrica en toda a pranta. Procederase, asemade, á cuberta dos tabiques interiores e da cara interior da fachada con proxectado de fonolita e a instalación dun falso teito con placas de xeso laminado.ribadeteaQ55A1592

As obras tamén prevén a instalación de elementos de iluminación en todas as dependencias e todos os traballos de carpintería que se desenvolvan no interior serán con madeira de carballo. O prazo de execución destas obras, cuxo importe está preto de chegar aos 70.000 euros, é de 3 meses.

O goberno local continúa, deste xeito, coas actuacións destinadas a mellorar as instalacións das casas culturais de diferentes parroquias, tendo iniciado tamén as obras na Casa Cultural de Arcos.