Ponteareas celebra o próximo domingo 22 a Festa da Bicicleta a partir das 10.00 horas

O percorrido solidario de máis de 13 quilómetros levará a marcha cicloturista polas parroquias de Angoares, Moreira, Cristiñade e Areas, organizado polo Concello coa colaboración do Club Ciclista Ponteareas.

Os afeccionados da bicicleta teñen unha nova cita en Ponteareas o próximo domingo 22 na Praza Maior a partir das 10.00 horas. A participación é permitida a partir dos 8 anos de idade, acompañados dos seus pais, nais ou titores, con uso de casco obrigatorio. A organización convida aos participantes a donar un litro de leite para fins benéficos. Durante máis de 13 quilómetros a marcha percorrerá o municipio de Ponteareas polas parroquias de Angoares, Moreira, Cristiñade e Areas.

MARCHA-SOLIDARIA-2016

C:UsersDELINIANTE01DesktopconcellodibujoJODORIJODORI 2015

Durante a mesma, haberá tempo para coller forzas: no primeiro reagrupamentos, en Motos Carlos, no centro; nun avituallamento no parque da Bouza Vella, en Areas; despois, un segundo reagrupamento na Ponte das Partidas, en Moreira; e por último, un reagrupamento no cruce da PO-403, no Eroski. A organización estima a finalización do evento arredor das 13.30 horas. Este ano o traxecto cambia, xa que en edicións anteriores pasaba por Mondariz, e nesta vindeira edición só marchará por Ponteareas.

Benito Márquez, concelleiro de Deportes, anima a toda a veciñanza a participar na Festa da Bicicleta e espera contar con bo tempo para xornada.

Incidencias

A Concellería de Deportes comunica que varias estradas do municipio quedarán cortadas puntualmente durante o percorrido e lamenta calquera incidencia que lle poda provocar á veciñanza da vila.