Ponteareas celebra o día da árbore coa colaboración de Darlim

Os centros escolares colaboran coa na Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas, que dirixe a nacionalista Cristina Fernández, celebra o Día da Árbore cos centros escolares de Ponteareas. Grazas á donación realizada pola empresa Darlim, do ponteareán Indalecio Cuevas, prantarán preto de cen árbores autóctonas no CEIP Santiago de Oliveira, na Moscadeira, no regato da Venda e nas comunidades de montes de Pías e Guláns.

Todos os centros educativos públicos e concertados incluíndo os IES participarán nesta iniciativa na que recibirán información sobre a importancia das plantacións arbóreas, a súa función no ecosistema, o seu impacto no medio ambiente e na nosa saúde e os coidados que precisan. 

Parte destas plantacións servirán para recuperar os terreos queimados polos lumes do pasado mes de outubro. O alumnado visitará os montes tendo a ocasión de comprombar in situ as consecuencias do lume e a dura labor que supón recuperar as feridas das lapas. 

Para a concelleira de Ensino é fundamental que o alumnado se implique en cada acción e interactúe nas distintas actividades que se propoñen engadindo sempre unha parte práctica que se reforza cun soporte teórico.

O goberno de Ponteareas insiste na necesidade de traballar para e con a infancia.