Os docentes de Ponteareas fórmanse na detección e no coñecemento do TEA

A Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas colabora con “Familias Azuis” que organiza as xornadas formativas para profesorado sobre TEA (Transtorno del Espectro Autista) co obxectivo de dotar aos docentes de ferramentas de deteción deste tipo de perfiles e coñementos para integrar nas aulas ao alumnado con TEA. 

As xornadas desenvolveránse hoxe no CEIP Ramiro Sabell ás 17:15 horas e serán impartidas polos profesionais da fundación Menela e Bata. 

O vindeiro 23 de novembro ás 17:15 horas as xornadas trasladaránse ao CEIP Santiago de Oliveira.

A Concellería de Ensino no seu empeño de ofrecer apoio formativo á toda a comunidade escolar (docentes, nais e pais, alumnado e traballadores) presentou aos centros escolares de Ponteareas o programa de actividades para este curso 2017/2018, entre as que destacan a segunda edición da Semana das Ciencias, o día da árbore, o consello da infancia ou o ciclo de charlas educativas.

A novidade para este curso escolar é a I Feira de Ensinanzas Profesionais e artísticas que terá lugar o 5 e 6 de febreiro de 2018 e na que participarán os centros escolares de Pontevedra que sexan referentes en ensinanzas profesionais, artísticas e musicais. A feira celebrarase no pavillón Álvaro Pino en horario de mañá e tarde. O obxectivo da feira é dar a coñecer as diferentes ensinanzas e saídas profesionais. Os centros contarán co seu propio stand no que ademais de repartir información farán demostracións e presentarán proxectos.