Os datos do primer semestre de 2014 reflexan que as débedas de anos anteriores continúan a reducirse

concelloA Concellería de Facenda enviou o Ministerio, nos pasados días, os datos relativos o 2º semestre deste ano 2014, cumprindo así coas obrigas que ten o Concello como administración local.

Segundo a concelleira de facenda, Belén Villar, confírmase unha vez mais, a boa evolución que se está a producir nos datos económicos deste Concello, e que se deprenden da información enviada o Ministerio, que pon de manifesto que nos últimos dous anos e medio as débedas históricas reduxéronse en 6,4 millóns de euros.

Nos primeiros seis meses deste ano 2014 a traxectoria que ven seguindo este Goberno no pago das súas obrigas continuou na mesma liña, e así o 94% dos gastos contraídos neste ano xa foron pagados, co cal, afirma a concelleira, non só se fai fronte as débedas doutros anos, senon que os gastos nos que se incurre cada ano estanse a pagar puntualmente.

Por outra banda, este Goberno ven de aprobar definitivamente as contas municipais do ano 2013, co cal estarán enviadas antes do mes de outubro que é a data tope que fixa o Consello de Contas para que se lle remitan.

Son unhas contas que a mais de reflexar a boa evolución dos datos da débeda, tamén mostran unha contabilidade mais acorde coa realidade, despois dos expedientes e propostas que a concelleira de facenda leva impulsado o longo deste mandato para rectificar, axustar e correxir saldos contables, co único obxetivo de clarexar os saldos que reflexan as contas municipais e cumprir co obxetivo de imaxen fiel.