O pleno infantil aborda o acoso escolar, un dos temas que máis preocupa nas aulas

O pleno infantil aborda o acoso escolar, un dos temas que máis preocupa nas aulas

 

A concelleira de Benestar Social e Igualdade presidiu unha nova sesión presencial do pleno infantil no que participaron seis centros educativos de infantil, primaria e secundaria

 

O pleno infantil aborda o acoso escolar, un dos temas que máis preocupa nas aulas O Concello de Ponteareas acolleu unha nova sesión presencial do pleno infantil presidida pola concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, acompañada polo concelleiro de Mocidade e Deportes, Miguel Bouzó, e na que participaron seis centros educativos de infantil, primaria e secundaria do municipio. As e os representantes do CEIP Nosa Señora dos Remedios, CPR La Inmaculada, CPR Santiago Apóstol, CEIP Feliciano Barrea, IES Val do Tea e IES Barral abordaron nesta ocasión un dos temas que máis preocupa nas aulas, o acoso escolar. 

 

“Por desgraza a palabra bullying está de moda debido aos innumerables casos de persecución e de agresións físicas, verbais, psicolóxicas e sociais que se están a detectar en colexios e institutos e que están a levar a moitos escolares a vivir situacións verdadeiramente aterradoras. Este pleno sírvenos para coñecer o voso punto de vista sobre este tema e como credes que podemos afrontalo, previlo e evitalo”, destacaba a concelleira.

 

O pleno infantil aborda o acoso escolar, un dos temas que máis preocupa nas aulasDurante o pleno os centros participantes abordaron cuestións como a importancia de denunciar as situacións de agresión, tanto propias como alleas, ou o acoso escolar a través das redes. Así, mentres algún dos centros analizaba as estatísticas e detectaba o punto de inflexión no que o ciberacoso se disparaba, outros sinalaban como este tipo de acoso se disparou no último ano, no que pandemia obrigou a rapaces e rapazas a comunicarse entre eles na maior parte dos casos a través das novas tecnoloxías.

 

O pleno infantil aborda o acoso escolar, un dos temas que máis preocupa nas aulas

Todas e todos os participantes quixeron facer fincapé nas posibles solucións para acabar cunha problemática que afecta de forma integral a menores, familias e centros escolares. Tamén propuxeron a creación dunha caixa anónima de denuncias, realizar campañas de concienciación social, dotar aos centros educativos de ferramentas, fomentar a intelixencia emocional ou establecer consecuencias firmes para as e os agresores, como os traballos sociais. E sinalaron o programa antiacoso que se está a seguir en Finlandia como un exemplo a ter en conta. Ademais, durante o pleno tamén repasaron os tipos de acosos escolar que se están a dar, as nefastas consecuencias para a persoa que o sufre e a orixe das situacións de bullying.

O pleno infantil aborda o acoso escolar, un dos temas que máis preocupa nas aulas A concelleira Verónica Carrera aproveitou o pleno para recoñecer o labor de todos os centros escolares no distintivo outorgado que recoñece a Ponteareas como Cidade Amiga da Infancia, “algo que non teriamos acadado sen o voso traballo”. Pola súa banda, o concelleiro de Mocidade e Deportes deu resposta a todas as preguntas e suxestións plantexadas polos distintos centros relacionadas con diversos eidos da realidade municipal, dende a programación estival para infancia e mocidade ata as obras ou o transporte.