O Encontro de Corais chega a súa oitava edición o vindeiro sábado 17 de setembro

O evento comezará a partir das 20.00 horas no Centro Cultural de Guillade coa participación do coro Vegazana de León, a coral Santa Eulalia de Luarca, Asturias e a coral local Ars Cantorum

“Desde a Concellaría de Cultura sempre estaremos dispostos a apoiar ás corais, pois son unha boa mostra do dinamismo cultural que existe en Ponteareas”, indica a edil Hortensia Bautista.

P1030266

A coral Ars Cantorum foi creada no ano 2005 por un grupo de veciños pertencentes á Asociación de Veciños San Gregorio. Está dirixida polo mestre Javier Alonso e está  formada por trinta e cinco voces mixtas. O seu repertorio atinxe diferentes estilos musicais, destacando a polifonía tanto relixiosa como popular galega.

O coro Vegazana foi fundado no ano 2000, co nome da zona do actual Campus universitario de León, na que os seus compoñentes teñen a súa veciñanza. Ten xa unha longa experiencia enriba dos escenarios. Está composta por máis de corenta persoas e o seu director é Javier Palomero.

A coral Santa Eulalia de Luarca foi fundada no 2011 como unha iniciativa para o aprendizaxe e diversión dos seus compoñentes, formada por máis de vinte cantores, teñen un repertorio con música popular española e relixiosa. Dirixe a coral Daniel Pérez.