O Concello de Ponteareas xa dispón dun novo todo terreo

IMG-20151027-WA0000O Concello de Ponteareas xa conta cun novo todo terreo, modelo pick up, que será utilizado polo corpo de Protección Civil de Ponteareas e destinado a labores de emerxencia, protección civil e prevención de riscos.

Trátase dunha concesión realizada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, órgano dependente da Xunta de Galicia e que recentemente comunicou a adxudicación de equipamentos de emerxencia, en réxime de concorrencia competitiva, para municipios de menos de 50.000 habitantes.

A concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, mostrouse moi satisfeita pola “incorporación dun vehículo que axudará a que o corpo de protección civil teña máis medios á súa disposición e que repercutirá, directamente, nunha mellora da seguridade da veciñanza da vila”.