O Club Caminhantes do Condado organiza a Primeira Subida á Picaraña

Unha carreira que terá lugar o vindeiro domingo 1 de maio e contará cun percorrido de 4 quilómetros

 

P1010964O Club Caminhantes do Condando organiza a Primeira Edición a Subida á Picaraña, unha carreira que conta cun percorrido de 4 quilómetros de lonxitude e 350 metros de desnivel positivo. Partirá dende a Piscina Municipal ás 10:30 horas e rematará na Cruz da Picaraña, pasando polo tradicional camiño da Romería da Picaraña.

 

A presentación da proba contou coa presenza de Benito Márquez, edil de Deportes, quen quixo poñer en valor “o excelente traballo que se está a desenvolver dende este club para promover e potenciar en Ponteareas as prácticas deportivas relacionadas co montañismo, o barranquismo e a escalada”.

 

Cartel-SUBIDA---PICARA-A-2016-B_d74auuf1As inscricións pódense facer na web caminhantesdocondado.es e  pecharanse o xoves, 28 de abril, ás 23:59 horas. A recollida de dorsais poderase realizar o mesmo día no pavillón polideportivo anexo á Piscina Municipal de 9 a 10 horas. A organización habilitará, ademais, un servizo de gardarroupa nese mesmo lugar, cuxas prendas serán devoltas no avtiuallamento situado na chegada á meta, na Cruz da Picaraña.

 

Todas as persoas maiores de 14 anos terán dereito a inscribirse, previo aboamento dunha cantidade de 5 euros. Haberá un total de 11 categorías diferentes e medallas para os primeiros clasificados de cada unha delas. Ademais, o club ten previto un premio en metálico de 100 euros para o récord da carreira, tanto en categoría masculina como feminina.

 

A través desta ligazón é posible visualizar un vídeo detallado do percorrido da proba.