O Campionato Galego de Natación de Máster realizarase na Piscina Municipal de Ponteareas os vindeiros días 4 e 5 de xuño

As instalacións situadas no Complexo Deportivo Álvaro Pino serán o lugar da competición organizada polo Club Natación de Ponteareas co apoio da Secretaría para o Deporte da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Ponteareas.

image2 (2)

A categoría de natación Máster é unha clase especial de competencia de natación para nadadores de 25 anos ou máis. Compítese en categorías que abranguen 5 anos, e a categoría de cada nadador nun ano determinado está determinada pola idade do nadador no último día dese ano. Por exemplo, dos 25 aos 29, dos 30 aos 34, dos 35 aos 39 e así sucesivamente.

O regulamento e as distancias son moi semellantes á natación de primeira categoría. A natación desta categoría espallouse a finais dos anos 70 por Estados Unidos de América e por Canada, primeiro, e por Europa, despois. Hoxe en día, é unha disciplina en constante crecemento.

O concelleiro de Deportes Benito Márquez agradece a implicación do club local na organización. “Eventos coma este son os que fan que Ponteareas teña un lugar no mapa a nivel deportivo”, indicou.