O mellor festival de rock gratuíto, que conta coa financiación do concello de Ponteareas, abre as súas portas mañá vernes día 19. Heredeiros da Crus será o prato forte deste encontro co rock no que todos serán primeiros pratos cargados de ritmo de guitarra, baixos e baterías.
A partir de mañá ás 21 horas o escenario do Rock in Rio Tea vibrará co alumnado da Rock School do CDM, a continuación será o turno de Gethere, seguidos de Skándalo GZ para pechar a primeira xornada do festival Kitai.
O sábado a partir das 21 horas concerto de El Sótano de Babel seguidos de Zanibar Aliens, Heredeiros da Crus, The Levitants, Presumido e Los Nastys.