Mañá cita co LIII Concurso de Gaitas do País

A concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a gozar da tradición musical da man do LIII Concurso de Gaitas do País. Será mañá día 19 de setembro a partir das 16:30 horas momento no que os sete participantes partirán dende diante da casa do concello, no caso de que non chova, hacia a sala multiúsos do auditorio municipal Reveriano Soutullo. Se chove, o desfile polas rúas suspéndese. O concurso comezará ás 17 horas no auditorio municipal haia ou non desfile previo.

A concellaría ante as previsións metereolóxicas vese na obriga de adiar o concerto de Óscar Ibañez programado para a noite no parque da Feira Vella.