Inauguración de pista de patinaxe ecolóxica o xoves día 6 na praza Maior

A concellería de Comercio, Hostalería e Turismo que dirixe Inés Vidal convida a todas as familias á inauguración da pista de patinaxe que con motivo de nadal estará instalada na praza Maior. 

O xoves día 6 ás 16:30 horas a pista de patinaxe ecolóxica abrirá as súas portas de xeito gratuíto para todos e todas as clientas do comercio local. 

A concellería está a repartir nestes días as entradas coas que tanto o comercio como a hostalería premiará a toda a súa clientela. 

Por outro lado, Inés Vidal informa que a inauguración do encendido de nadal trasládase ao vindeiro sábado día 8. Ás 18:30 horas na praza da música terá lugar o encendido oficial de nadal xunto á arbore luminosa que dará o pistoletazo de saída das festas.

Animación de rúa e música acompañarán este encendido oficial no que a concelleira agarda que estean presentes todos e todas as ponteareás.