Fai a túa propia máscara de entroido

A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a participar no obradoiro de máscaras de entroido que se oferta para toda a cidadanía totalmente de balde financiado por esta concellería no marco do programa Cultura.

O sábado 15 de febreiro no centro cultural de Xinzo a partir das 17 horas todas as persoas interesadas poderán realizar a súa propia máscara de entroido e prolongar así unha tradición e unha seña de identidade do pobo galego.