Crea o teu futuro co obradoiro “Mocidade creativa e marca persoal” que comeza este venres día 20 e para o que aínda quedan prazas

A concellería de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, informa que se modifica o día de comezo do obradoiro “Crea o teu futuro. Mocidade creativa e marca persoal” arrancando o curso este venres día 20.

Un obradoiro gratuíto que se desenvolverá na sala multiusos do auditorio municipal e para o que aínda quedan prazas.

Os e as interesadas deberán dirixirse á OMIX que se atopa na biblioteca municipal ou contactar no número de teléfono 986 66 07 65.

O horario do obradoiro será o venres 20, o martes 24, o xoves 26 e o xoves 3 de outubro de 17 a 21 horas.

Miguel Bouzó suliña a importancia de ofrecer á mocidade ferramentas que promovan a súa proxección persoal e completen a formación regrada facilitando a inserción laboral.

Este obradoiro facilitará ferramentas para capacitar á mocidade na creación de proxectos, na elaboración de itinerarios que lles sirvan tanto para desempeñar eficazmente a súa profesión como para abordar cuestións cotiás da vida persoal.

Outra finalidade que persegue é potenciar unha actitude emprendedora e resolutiva

ante os problemas e os obstáculos que se lles poidan presentar.

Entre os obxectivos está fomentar o autocoñecemento, mellorar o autoconcepto e autoestima das persoas participantes, facilitar á incorporación ao mercado laboral, promover á creatividade a hora do deseño de proxectos profesionais e persoais, contribuír á toma de conciencia das habilidades e talentos persoais de cada participante e fomentar a resiliencia.

Ademais, dotará de ferramentas e habilidades que faciliten a incorporación ao mercado laboral, creará unha marca persoal deseñada por cada participante, tentará superar as crenzas tóxicas para acadar metas e obxectivos e deseñará o traballo ideal de cada unha das persoas asistentes ao curso