A Concellería de Seguridade Cidadá forma ao voluntariado de Protección Civil

A Concellería de Seguridade Cidadá do Concello de Ponteareas, que dirixe Vanesa Fernández, desenvolveu hoxe unha xornada de formación para voluntarios de protección civil nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Local. 

A primeira ponencia ofrecida por un técnico do 061 versou sobre o emprego e manexo do DESA, na segunda ponencia falou un técnico forestal contraincendios para continuar co relatorio o xefe dos bombeiros de Ponteareas. Pechou a xornada a intervención do xefe da Policía Local.

Para a Concelleira de Seguridade Cidadá é fundamental estar permanentemente actualizando os coñecementos e a formación de todas as forzas de seguridade locais e do voluntariado que colabora en tarefas de emerxencias e seguridade en xeral.