CIDADES AMIGAS DA INFANCIA

Acceso ao cuestionario

Trátase dunha iniciativa liderada por UNICEF en máis de 30 países, que apoia os gobernos municipais nos seus esforzos por facer realidade o seu compromiso cos dereitos da infancia, situando a esta na primeira liña da axenda política local.

Ser Cidade Amiga da Infancia implica o compromiso dos Gobernos Locais e os seus aliados para lograr os 5 obxectivos marco da iniciativa:

  • Cada neno e nena é valorado, respectado e tratado xustamente dentro das súas comunidades.
  • As voces, necesidades e prioridades de cada neno e nea escóitanse e considéranse nas normativas e políticas públicas, nos orzamentos e en todas las decisións que lles afectan.
  • Todos os nenos e nenas teñen acceso a servizos esenciais de calidade.
  • Todos os nenos e nenas viven en contornas seguras e limpas.
  • Todos os nenos e nenas teñen a oportunidade de gozar da vida familiar, o xogo e o lecer.